top of page

Coñece a Alberto Geada

En Mondoñedo, no interior da provincia de Lugo, podemos atopar o último zoqueiro da rexión lucense aínda en activo. Alberto Geada aprendeu o oficio de zoqueiro por parte do seu pai, Secundino, con quen acudía a todas as vellas feiras de artesanía dende que era ben pequeno. A súa familia dirixiu no seu momento dúas fábricas de zocas nunha época na que este calzado era esencial para quen traballaba e vivía en entornos rurais. A madeira de bidueiro transformábase a base de ferramentas tradicionais como a broza e as trades, nun calzado resistente ao barro, á chuvia e ás duras condicións do campo galego. Mais a chegada do asfalto e de novos materiais relegaron ás zocas a un segundo plano. A pesar disto, Alberto non só continuou a tradición, senón que a transformou e a modernizou, adaptándoa ao mundo actual.

​​

​​

 

B​​​uscou reinventar dalgunha maneira o concepto das zocas, adaptándoas ao mundo da arte e a moda. A súa incursión en pasarelas internacionais, como a 080 Barcelona Fashion ou eventos en Dubái, marcaron un antes e un despois na súa traxectoria, como el mesmo nos explica. Da man de deseñadores como Manuel Bolaño, elaborou zocas innovadoras, con tacón alto, deseños impactantes… este salto cara a modernidade non foi só un xesto estético, senón que foi unha estratexia para revalorizar as zocas como pezas de arte e deseño. Hoxe, cóntanos que as súas creacións “chegaron a lugares tan lonxe como México, onde moita xente usa as súas zocas para espectáculos de danza”.

A continuación atoparás unha galería de imaxes propias sobre o Museo das Zocas e a labor de Alberto Geada:

IMG_8266.JPG
IMG_8246.JPG

Interior do Museo das Zocas, Mondoñedo

(elaboración propia)

Cartel informativo no exterior do Museo das Zocas (elaboración propia)

Na visita ao museo, Alberto mostra diferentes pezas antes e despois de seren lixadas. Mira por ti mesm@ como cambia un zoco pulido e sen pulir.

Desliza a frecha para descubrilo!

Zocas da colección de Alberto Geada

(elaboración propia)

Ademais, Alberto deunos algúns dos seus mellores trucos para facer o zoco perfecto.

Reproduce o seguinte vídeo para coñecelos!

Continúa a visita por aquí

bottom of page