top of page

Unha vez que coñecemos as ferramentas que empregaremos para crear o noso zoco é fundamental saber as partes do calzado. Preme nos números que corresponden a cada ilustración e descubrirás as distintas partes que compoñen un zoco.

Captura de pantalla 2024-12-08 a las 16.58.43.png

Imaxe extraída do libro 'Eu son zoqueira' da Xunta de Galicia.

Cedida por Artesanía de Galicia.

Xa que non é o mesmo contalo que velo, temos unha masterclass da mismísima Elena Ferro que nos explica como elaborar un auténtico zoco marca Eferro:

Unha vez elaborados, comeza o proceso de venta. O máis importante é facer chegar o noso produto a moita xente, para iso, os zoqueiros contan con asociacións que recoñecen e premian o seu esforzo e labor. Esta labor é levada a cabo, na maior parte dos casos, por Artesanía de Galicia. Continuamos a nosa viaxe, temos unha nova figura que presentarvos...

Coñece ó outro zoqueiro

Coñece a Elena de Artesanía de Galicia!

Traseira


Dalle forma ó zoco.

Pala


​Cósese sobre a traseira, serve a modo de reforzo para a parte dianteira do pé.

Contraforte


Peza de coiro que reforza a parte de atrás do calzado.

Biqueira


Serve de reforzo na parte dianteira do zoco. Ten a mesma función que unha punteira.

Pau


​É a sola do zoco. Normalmente adopta estar elaborado con madeira de bidueiro ou algunha outra árbore con madeira similar.

Vira


Tira de coiro que se cose como reforzo entre a sola e a pel do zoco.

Goma de ferrar


Colócase baixo o pau, adoita ser unha peza de plástico que se coloca enriba da sola de madeira. Depois colócaselle anaco de goma, feita normalmente de roda de coche reciclada. Isto axudará a que o zoco non esvare. 

bottom of page