Zoqueiras por uns meses
Coa historia nos pes é unha reportaxe multimedia que conta o pasado e o presente do que podemos dicir é o calzado máis emblemático de Galicia: o zoco. Este proxecto mergúllase nas raíces dun oficio centenario que, nun intento desesperado de non desaparecer, conseguiu reinventarse e adaptarse aos novos tempos.
A través de imaxes, vídeos e testemuñas a reportaxe lévanos a un percorrido pola evolución do zoco galego, dende as súas orixes como calzado rústico e funcional ata a súa evolución e transformación nunha peza de deseño contemporáneo que chega ata as pasarelas de moda.
A continuación podes ver unha galería de fotos propias onde recompilamos o proceso de making of desta reportaxe:

Elaboración propia.

Elaboración propia.

Elaboración propia.

Elaboración propia.
Non podíamos rematar esta reportaxe sen facer unha mención especial a todas e cada unha das persoas que nos axudaron para que esta reportaxe puidese saír adiante.
En primeiro lugar a Elena Ferro que nos abriu as portas do seu taller de Merza para que puidésemos fotografar e gravar cada recuncho, ademais de explicarnos ata o máis mínimo detalle do proceso artesanal da fabricación dos zocos.
En segundo lugar a Alberto Geada que nos convidou ao seu Museo das Zocas de Mondoñedo e tivo a amabilidade de responder a todas as preguntas que lle fixemos, ademais de compartir con nós o seu saber tradicional sobre as zocas, a pesar de ser en plena ponte de Santos.
En terceiro lugar a Elena Fabeiro, xerente de Artesanía de Galicia, que nos contou todos os aspectos técnicos (premios, axudas…) que ofrecen para os artesáns galegos. Gustaríanos facer unha mención especial tamén á súa secretaria María Guerreiro que nos axudou a contactar con Elena e sempre nos brindou facilidades en todo o que precisáramos.
Agradecer tamén ás nosas familias que sempre están dispostas a axudarnos cos recursos técnicos e económicos en cada proxecto que consegue ver a luz. E como non, agradecer tamén á nosa titora Alba Silva Rodríguez que nos deu todos os consellos e as facilidades para que Coa historia nos pés sexa a reportaxe que é.
Finalmente, grazas a ti, que chegache ata aquí. Agardamos que esta viaxe pola historia deste calzado tradicional che resultase amena e, por suposto, que aprenderas moito.
Grazas de corazón!
Almudena, Lián, Lucía e Uxía