
Do campo ás pasarelas
Os zocos non son só pasado, son presente e futuro, unha ponte entre o que fomos e o que seremos. Nas rúas das cidades, mesturados co asfalto e o formigón, aínda se ven zocos que desafían o tempo, nos pés daqueles que se negan a esquecer, nun acto de rebeldía contra ese esquecemento, unha afirmación de identidade nun mundo que tende á uniformidade. Porque os zocos non son mais que un recordatorio constante de que aínda que as aldeas galegas queden baleiras e se desangren nunha perda constante de xente, son as raíces do que foi noso.
Os zocos, como o camiñante de Machado, seguen avanzando por novas sendas deixando pegadas que falan de tradición, de innovación e de identidade. Son a proba vivinte de que, en Galicia, facemos camiño ao andar, un camiño feito de madeira, coiro e moitos recordos. O mantemento dos zocos mas rúas débese a labor dos zoqueiros modernos que loitan cada día por preservar a identidade galega da maneira máis 'chic'. Clica no zoco que aparece aquí abaixo para coñecer a actualidade deste calzado.
