Os artesáns xa non están sós
A Fundación Artesanía de Galicia, fundada no ano 2003, é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve un papel fundamental na preservación e promoción da artesanía galega. Adícase fundamentalmente a fortalecer e desenvolver o sector artesanal da comunidade galega.
A organización xestiona un orzamento de 900.000 euros para apoiar aos 800 talleres rexistrados, que representan 88 actividades artesanais e dan emprego a máis de 7.000 persoas na comunidade galega. Dende o 2012 ata a actualidade, o sector experimentou un crecemento do 54%, cun notable aumento de artesáns mozos e cualificados.
A Fundación Artesanía de Galicia ofrece varias liñas de axudas: dixitalización, comercialización, comercio circular, axudas específicas para o sector téxtil e a colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica.
Recoñecemento e formación
Artesanía de Galicia outorga tres categorías de premios:
-
Premio Artesanía de Galicia: 9.000 euros para a presentación dunha peza inédita. Este premio constitúe o premio de artesanía con maior contía económica de España.
-
Premio traxectoria: recoñece a artesáns que, pola súa docencia ou experiencia no seu traballo, son merecedores dun recoñecemento.
-
Bolsas Eloy Gesto: bolsa de 4.000 euros para formación en oficios de artesanía.
Promoción e profesionalización
A Fundación Artesanía de Galicia organiza eventos como a feira nos Pendellos de Agolada (Pontevedra) que están pensadas para conecta os oficios tradicionais co mundo contemporáneo, aumentando a súa visibilidade. Ademais fomenta a colaboración entre os pequenos artesáns e as marcas de luxo e impulsa tamén a profesionalización mediante programas de formación.
En canto a divulgación, Artesanía de Galicia publica unha revista propia que se distribúe entre os artesáns que están no rexistro, oficinas de turismo, hoteis, restaurantes ou concellos, visibilizando así ás diferentes marcas e o valor da artesanía galega.
Para ilustrar mellor esta realidade, tivemos o pracer de entrevistar a Elena Fabeiro, a xerente de Artesanía de Galicia.
Preme no reprodutor para escoitala!

Elena Fabeiro, xerente de Artesanía de Galicia. Imaxe propia.
Preme no botón para coñecer ós artífices
Ou preme para coñecer o presente dos zocos