Un zoqueiro polifacético
Consciente da importancia da promoción, Alberto conseguiu captar a atención do público a través da creación de personaxes icónicos que lle dan vida ao seu oficio. Primeiro chegou o ‘Príncipe Zoqueiro’, que apareceu en eventos como a Feira Internacional de Turismo. Tempo despois naceu o personaxe que lle trouxo máis fama, o ‘Zoqueiro Peregrino’, que percorreu o Camiño Inglés en bicicleta e zocas. Desta maneira, e a través da aparición en múltiples programas da Televisión Galega, Alberto Geada conseguiu promover tanto o seu calzado como o propio camiño de peregrinación. Durante a pandemia, explica Alberto, que este personaxe tivo un inesperado éxito, axudándolle a conectar co público nese momento de illamento. Actualmente, Alberto encarna ao ‘Doctor Zoca’, unha figura que trata de levar ás zocas ao mundo da arte visual. Este personaxe forma parte da seguinte idea do zoqueiro: un proxecto pictórico. O 'Doctor zoca' busca, coma el mesmo afirma, “plasmar a esencia das zocas e da súa madeira, en lenzos e cores”, xerando así un impacto visual único e ampliando os horizontes do calzado tradicional galego.
Descobre as distintas personaxes de Alberto Geada pasando o cursor polo seus nomes.

Príncipe
zoqueiro

Zoqueiro
peregrino

Doctor
Zoca
Imaxe de El Español
Imaxe de El Progreso
Imaxe de El Progreso
Ademais do seu taller en Alfoz, Alberto Geada é o creador do Museo das Zocas, en Mondoñedo. Este espazo está completamente adicado a este calzado histórico de madeira. Situado nun antigo palacio, o museo alberga unha colección única de pezas primitivas elaboradas polo propio Alberto, réplicas e exemplares tradicionais e únicos. A súa colección conta con modelos de toda a península, dende albarcas cántabras ata zocos pirenaicos, pasando polos zocos ourensáns. É curioso debido a que, segundo o propio Alberto, o proxecto comezou a modo de 'broma' dado que cando o alcalde de Mondoñedo o chamou para establecer na vila o museo, o propio Alberto cría que era unha especie de chanza realizada por un amigo seu.
O museo non só busca preservar o legado cultural, senón que busca tamén educar sobre a riqueza e diversidade das zocas e do oficio tradicional que, como afirma Alberto, “está en perigo de extinción”. A pesar do seu propio éxito e creatividade, o zoqueiro non oculta a súa preocupación polo futuro da zoqueiría. Segundo el, a falta de relevo xeracional e o desinterese institucional poñen en perigo un oficio que, en outros tempos, era o sustento de numerosas familias da rexión. Alberto afirma que a realidade é que cada vez menos persoas están interesadas en aprender as complexas técnicas necesarias para fabricar zocas.
Con todo, o nosotros intrépido zoqueiro non se rende. Cre que, aínda que as zocas non sexan xa un calzado esencial na vida diaria, poderían volver a gañar popularidade, xa sexa como pezas de deseño ou como forma de expresión cultural.
El mesmo nos conta a súa historia!
Agora que xa coñecemos a Alberto, é momento de presentarvos á outra protagonista...