Papá, quero ser zoqueira!
Noutro lado da provincia galega, agochado na parroquia pontevedresa de Merza (Vila de Cruces), atópase o obradoiro Eferro, o cal se adica á creación de zocos dende 1915. Dito obradoiro foi pasando de xeración en xeración, e a súa dirección recae a día de hoxe en Elena Ferro, quen encarna a terceira delas.
A orixe deste obradoiro remóntase a cando o seu avó, Perfecto Ferro, aprendeu a facer zocos. Este oficio non só quedou aí, se non que tempo despois, os seus fillos tomaron o relevo e continuaron coa profesión. Agripina Ferro, a súa tía, e Alonso Ferro, o seu pai, foron quen ensinaron á nosa protagonista o oficio de zoqueira. Na primeira xeración do obradoiro, conta a propia Elena, que o método de venta era o de ir no coche de liña catro veces ó mes ás feiras cercanas, tanto á de Bandeira como a de Vila de Cruces. Pero máis tarde, ao ampliar o rango de venta, mercan unha furgoneta que lles permite unha maior independencia do coche de liña. É así como chegamos á terceira xeración, na que a venta de zocos ten lugar no propio obradoiro de Merza, na súa tenda física de A Coruña e na propia páxina web.
Tivemos o pracer de facerlle unha entrevista a propia Elena Ferro, escóitaa aquí abaixo:
O seu traballo, ademais de preservar unha parte esencial do patrimonio cultural de Galicia, demostrou tamén que se pode reinventar, facendo da artesanía algo sostible, innovador e relevante no mundo da moda. Os zocos Eferro chegaron a desfilar pola pasarela no 2019 da man da Mercedes Benz - Fashion Week de Madrid, o que se convertería no inicio dun rechamante futuro. Así pois, todo isto supuxo un gran pulo para a marca. As reaccións non se fixeron esperar, todos queren os zocos de Elena Ferro. Este éxito puidemos observalo cando na final do Benidorm Fest 2022 o grupo galego das Tanxugueiras levaron os seus zocos, ou cando figuras de renome como o cantante asturiano Rodrigo Cuevas ou a actriz madrileña Maribel Verdú se lles vira calzando os Eferro.
Estes logros brindaron ao obradoiro, un gran orgullo, algo que “nunca se esperaban” segundo a propia Elena. Ademais, no 2019, o obradoiro Eferro recibiu o Premio Nacional da Artesanía. Para un oficio minoritario este recoñecemento é un gran paso e lles dá forza para continuar, incluso cando o panorama pode chegar a non ser moi esperanzador. “O importante é crer e defender o que fas” apunta Ferro.
Así pois, todo isto contribuíu a internacionalización dos zocos Eferro, pois atópanse a día de hoxe en moitos países do globo como Nova Zelanda, Xapón, China, Arxentina ou Estados Unidos entre outros.
Se queres descubrir máis sobre o taller e as pezas de Elena,
explora a seguinte galería de imaxes propias:

A actriz madrileña, Maribel Verdú lucindo unhas sandalias da marca Eferro. (Fonte: telva.com)





O cantante asturiano Rodrigo Cuevas usando uns zocos da marca.
(Fonte: Faro de Vigo)
Se premes na frecha, podes coñecer ó outro zoqueiro
Ou pola contra... podes coñecer todo o necesario para elaborar un zoco