top of page

Unha viaxe ás raíces galegas

Escribía Antonio Machado: “Caminante, no hay camino, se hace el camino al andar. Al andar se hace el camino, y al volver la vista atrás se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar” e semella que os zocos escoitaron as palabras de Machado ao iren deixando unha pegada indeleble na cultura e memoria galega. Os zocos, esas pezas humildes de artesanía, son poesía tallada en madeira, ás veces de bidueiro, ás veces de castiñeiro, son o repiqueteo da choiva contras as tellas, son a banda sonora das aldeas ao chocaren coas pedras dos camiños, son o recordo do aroma a pan recén feito e a viño novo, son unha Galicia en miniatura que se leva nos pés. Benvidx a una viaxe pocas raíces de Galicia, pola nosa cultura, polo noso ser...

​Os zocos son testemuñas silenciosas da historia de cada persoa que os leva. Cantas  historias poderían contar se puidesen falar! Historias de nenos que os estreaban con orgullo na misa do domingo, de mozas que bailaban con eles nas festas da aldea, de amores furtivos nas festas do gando, de horas e horas acompañando aos labregos na horta sendo fieis compañeiros nas súas últimas colleitas… Pero falar dos zocos é falar dunha historia de resistencia, de resistencia ao frío, a auga e ó barro, mais tamén son a resistencia ao paso do tempo e ás modas pasaxeiras converténdose así nun símbolo de fortaleza. Cando un galego pon os seus zocos, non só protexe os seus pés, senón que está a calzar a súa historia para camiñar polos mesmos sendeiros que pisaron os seus avós e os avós dos seus avós, conectando co seu pasado e, ao mesmo tempo, deixando a súa propia pegada para as xeracións futuras. Se clicas na zoca que aparece a continuación, poderás viaxar ó pasado...

Zoca-removebg-preview.png
bottom of page