Zocos ou zocas?
Existen diferentes maneiras de chamar a este tipo de calzado segundo a súa localización xeográfica. Dentro de Galicia, debemos diferenciar fundamentalmente entre o término ‘zoca’ e ‘zoco’, posto que non son o mesmo.
Descúbreas abaixo!

As 'zocas'
Son un tipo de calzado elaborado íntegramente en madeira e constan dunha soa peza. Estas adoitaban pórse con calcetíns grosos por dentro ou incluso introducindo outro zapato no interior dela. Habíaas para homes, con taco e sola corrida; mentres que para mulleres, adoitaban estar pintadas, vernizadas, tinguidas e decoradas con debuxos tallados coa navalla.
Imaxe: PNGWing

Os 'zocos'
Teñen a sola de madeira e o resto está elaborado con coiro. Os zocos cúrtense con graxa unha vez á semana e illan o pé da humidade. Estes son quentes, impermeables e transpirables. Este tipo de calzado era frecuente atopalo na vestimenta dos domingos contrariamente á zoca, que estaba máis destinada ós traballos no campo.
Imaxe: elenaferro.com
Aínda así, Galicia non era o único lugar do mundo onde se empregaba un calzado de este tipo. Nas diferentes zonas de España, os zocos e as zocas reciben diferentes nomes segundo a zona xeográfica. Por exemplo, en Asturias e Cantabria podemos atopar as coñecidas como madreñas, as cales foron creadas para poder camiñar polas rúas sen asfaltar e evitar así enluxar os pés coa lama. Nun principio, estas levaban cravos, aínda que a día de hoxe, deséñanse sen eles para evitar esvarar ao entrar en contacto co formigón ou as baldosas.

*Cartel informativo das diferentes variacións da zoca. Imaxe propia, pertencente á colección persoal de Alberto Geada. Museo das zocas.
Cartel informativo dos tipos de zoca. Museo das zocas.
Imaxe propia.
Pola banda contraria, en Portugal, atopamos tamén este tipo de zapato. En terras lusófonas, este calzado denomínase ‘tamanco’. Trátase tamén dunha peza de madeira pero que está descuberta pola parte de atrás, na zona do talón. Os tamancos adoitan estar decorados con cores vivos e deseños de flores ou motivos da natureza. Noutros lugares do mundo desenvolvéronse outras variacións do zoco, a pesar de que non teñen nada que ver co calzado que coñecemos por este nome. Un exemplo disto son os paduka de orixe hindú, os namaksin coreanos ou os geta xaponeses. Nestas zonas do mundo a humidade tamén está moi presente, pero o seu clima é moito máis cálido ca o noso, polo que os seus ‘zocos’ adoitan ser abertos, estilo sandalia e están feitos con sogas ou cordas de coiro.
Eres quen de adiviñar entre algún exemplo cal é cal?
Cando teñas a reposta, pasa o cursor por riba das imaxes!
Tras esta diferenciación, continuamos a nosa viaxe, comenzamos xa a adentrarnos nas súas orixes. Fai clic no botón de abaixo para continuar:


Tamancos


Padukas
Imaxes obtidas de
Imaxes obtidas de (por orde de dereita á esquerda): RTVE.es,
Etsy.com e Wikipedia.com


Madreñas