top of page

Está claro que o proceso de elaboración dos zocos mudou considerablemente co paso do tempo, pero... que é necesario para fabricalos? Vamos descubrilo!

​

O básico e o primeiro que necesitamos, por suposto, son as ferramentas. Na seguinte imaxe interactiva podes atopar todo o necesario para elaboralos. Preme nelas para coñecer o seu nome e para que serve.

Captura de pantalla 2024-12-05 a las 18.10.44.png

Imaxe extraída do libro 'Eu son zoqueira' da Xunta de Galicia.

Cedida por Artesanía de Galicia.

Unha vez que coñecemos as ferramentas coas que imos traballar, é necesario identificar tamén as partes do zoco. Seguro que mentres lías as definición das ferramentas había algún termo que non coñecías.

​

Se clicas no zoco poderás descubrilas!

Sacabocados

Con el facemos na parte traseira os buracos para que pase o malló. Estos son os cordón do zoco. Para elabóralos aprovéitanse os recortes sobrantes das peles.

Can

Co can iremos tirando do coiro. Como a pel está húmida, permitiranos levala ó sitio.

Subela

Coa subela marcaremos o punto no que irán os cravos. Con ela furamos a pel e deixamos a madeira cravada.

Martelo

Co martelo cravaremos o cravos no coiro. Coidado cos dedos!
 

Coitela

A coitela serve para cortar o coiro sobrante. 

bottom of page